Porto de Sanabria celebra a súa tradicional Feira do Gando


A localidade zamorana acolle esta mostra dende hai máis de cen anos

26/08/2019

Un ano máis a localidade zamorana de Porto de Sanabria, acollía na xornada do 26 de agosto a Gran Feira Tradicional de Gando Autóctono Alistana-Sanabresa. Con menos afluenza de público que na pasada edición que se celebraba en domingo, a inauguración tiña lugar en torno ás 11h. e media hora despois comezaba o XVII concurso morfolóxico nacional coa posterior entrega de galardóns: aos sementais, reprodutoras, novelas, novelos, tenreiras/os, ao mellor exemplar, ao mellor lote e á mellor gandeiría. Premios que este ano recaían en gandeiros de fóra xa que por problemas alleos á organización, os exemplares de gando Alistana-Sanabresa da localidade, non tiveon acceso ao recinto da feira.

A xornada incluía a rifa de dous chuleteiros de raza autóctona 100% Alistana-Sanabresa e unha degustación gratuíta de carne. Entre os asistentes, coma sempre houbo xente de localidades veciñas como Lubián ou Viana do Bolo, de onde veu Segundo Estévez Pinza, un asiduo a esta festa gandeira.

O programa festivo continuará cun pasarrúas da charanga Támega pola tarde e a verbena a cargo da orquestra Galilea.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Fotos: Carlos G. Hervell


  A.E.C.A.S.  C/ Regimiento de Toledo, 2 (local)  49011 (Zamora)  980 52 06 19  alistanasanabresa@gmail.com